Voo controlado contra o terreo

Restos do voo 901 de Air New Zealand, un accidente CFIT ocorrido en 1979

Un voo controlado contra o terreo (CFIT polas súas siglas en inglés) é un accidente no cal un avión, baixo o control do piloto, voa de xeito inadvertido contra o chan, unha montaña, unha masa de auga ou un obstáculo.[1] Nestas situacións a tripulación normalmente non é consciente do perigo ata que é demasiado tarde. O termo foi cuñado por enxeñeiros de Boeing a finais dos anos 70.[2]

Os accidentes onde o avión está fóra de control no momento do impacto, debido a un fallo mecánico ou a un erro do piloto, non son considerados voos controlados contra o terreo (estes son coñecidos como voo incontrolado contra o terreo). Tampouco entran dentro desta definición os accidentes resultantes por unha acción deliberada da persoa aos mandos, como actos de terrorismo ou suicidio do piloto.

Segundo Boeing, o CFIT é unha das principais causas de accidentes aéreos con vítimas mortais, producindo máis de 9 000 mortes dende o inicio da era dos reactores comerciais.[3] O CFIT foi identificado como a causa do 25% dos contratempos de Clase A na USAF entre 1993 e 2002.[4]

  1. Boeing (ed.). "Controlled flight into terrain". Archived from the original on 29 de xuño de 2011. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  2. Flight Training News (ed.). "Controlled Flight into Terrain". Archived from the original on 06 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  3. Boeing (ed.). "Boeing Training Aid Addresses Leading Accident Cause". Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  4. Air Force Magazine, febreiro de 2004

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search